Ofrenda floral polo 84 aniversario do pasamento de Valle-Inclán

05 Xaneiro 2020

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou este mediodía no Cemiterio de Boisaca en Santiago na tradicional ofrenda floral a Ramón María del Valle-Inclán, polo 84 aniversario do seu pasamento en Compostela.
Fíxoo xunto a diversas autoridades das vilas e cidades relacionadas coa traxectoria vital do autor, representantes das diferentes institucións culturais valleinclanescas e familiares.
Con motivo desta efeméride, o titular do departamento autonómico destacou o legado galego e universal de Valle-Inclán. “Coñecémonos e recoñecémonos literariamente nas súas palabras, de fonda raizame galega”, afirmou Román Rodríguez, que concluíu a súa intervención convidando á súa lectura. “O mellor xeito de homenaxear a Valle-Inclán é lendo as súas obras. Esta é a mellor homenaxe que se lle pode brindar a calquera autor”, afirmou o conselleiro.
No desenvolvemento do mesmo, lembrouse a Isaac Díaz Pardo, destacado creador e intelectual galeguista finado tamén un 5 de xaneiro, neste caso do ano 2012. Ao respecto, o titular de Cultura destacou o carácter memorial de Boisaca, “no que repousan moitos ilustres como Valle-Inclán, Díaz Pardo ou os dous últimos autores aos que se lles ten dedicado o Día das Letras Galegas: Antonio Fraguas e Ricardo Carballo Calero”, aos que o Román
Rodríguez cualificou como “creadores do patrimonio común da cultura galega, así como artífices da nosa intelixencia”. Entre os asistentes participou tamén o director do Museo Valle-Inclán de A Pobra Antonio González Millán.

Ofrenda en Boisaca a Valle-Inclán

Ofrenda en Boisaca a Valle-Inclán

Outros artigos

Chega unha nova edición das xornadas “A Pobra no Tempo”

Historia, patrimonio e cultura volverán centrar as xornadas A Pobra do Caramiñal no Tempo, que celebrarán a súa oitava edición os días 26 e 27 de setembro. As xornadas reunirán diferentes especialistas para achegar á cidadanía investigacións, episodios e figuras...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.