O programa de mentoring de Boiro chega ao seu remate da man da deseñadora local Mónica Vigo

10 Xaneiro 2020

A semana vindeira vaise celebrar en Boiro a última xornada da edición actual do programa Mentoring Creativo impulsado polo Concello a través da Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX): unha iniciativa para avivar o talento que a mocidade local atesoura, amais das súas capacidades empresariais. A cita de peche será o 17 de xaneiro na Casa da Cultura de Boiro e contarase coa presenza da prestixiosa deseñadora e docente boirense Mónica Vigo, profesional referente no ámbito da moda feminina e a alta costura. Vigo, amais de deseñadora, tamén atesoura coñecementos de arquitectura, deseño de mobiliario e artes gráficas. A charla de Mónica irá destinada ao alumnado do IES A Cachada.

Estimulando o talento local

O Concello de Boiro, impulsor deste programa de mentoring creativo xunto coa Consellería de Política Social (Dirección Xeral de Xuventude), quere tirar proveito do importante tecido local de creatividade e emprendemento, con xente nova que, grazas a este proxecto, mostra as súas experiencias perante os estudantes.

Entre as profesionais que mostraron as súas experiencias e achegaron pautas para as rapazas e rapaces con interese en internarse no camiño da innovación atopouse a creadora Alba Carreño, que ilustrou aos estudantes sobre o seu labor en Mobalco, a firma pobrense centrada na fabricación de mobiliario de cociñas de deseño. Logo da cita con Alba Carreño, que abriu as actividades da edición actual, veu unha xuntanza enriquecedora con Sara Ollero, que falou á rapazada de Boiro sobre o proxecto DariaLuv.

O proxecto vén da man da Concellería de Cultura do Concello de Boiro e conta co financiamento da Dirección Xeral de Xuventude, sendo unha das actividades de República Creativa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.