O Museo do Gravado amplía exposicións e convoca novo curso con José Fuentes

23 Xaneiro 2020
A mostra de gravadores arredor de Luís Seoane

A dirección do Museo do Gravado de Artes (Ribeira) vén de informar da ampliación até o 22 de febreiro do prazo para visitar dúas exposicións: por unha banda a Homenaxe aos gravadores galegos: Luís Seoane(mostra centrada na figura do pintor, gravador, poeta e intelectual Luís Seoane e que se incardina dentro da iniciativa impulsada pola Fundación Museo de Artes para exaltar aos grandes gravadores da nosa terra) e pola outraToulouse-Lautrec: Elles (1890) – Litografías (1893-1900), formada por 36 obras litográficas do inmortal artista francés do post-impresionismo.

Así mesmo, a dirección comunica que durante os días venres 24, sábado 25 e domingo 26 de xaneiro o Museo do Gravado de Artes (Ribeira) vai realizar o segundo curso O Gravado V33, impartido novamente polo catedrático da Universidade de Salamanca, José Fuentes Esteve e polo artista Antonio Navarro.

Participantes no primeiro dos cursos de gravado V33

Ao fío desta actividade formativa, o obxectivo do Museo é sentar os alicerces para conmemorar o 140 aniversario da publicación do libro de poemas Aires da miña terra, realizar unha exposición e editar un volume ilustrado desta obra inmortal da nosa literatura, primeiro libro dun dos grandes poetas do Rexurdimento, Manuel Curros Enríquez. Os participantes deste segundo curso colaborarán na exposición e na ilustración do volume coas obras realizadas no taller de gravado, así como fixeron os participantes do primeiro obradoiro V33. Este segundo curso realizarase os días 24, 25 e 26 de xaneiro de 2020 no seguinte horario:

Venres, 24 de xaneiro 2020: de 16.00 a 20.00 h

Sábado, 25 de xaneiro 2020: de 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 h

Domingo, 26 de xaneiro de 2020: de 10.00 a 14.00 h

Entrega de diplomas

O domingo, día 26 de xaneiro, ás 14.00 horas entregaranse os diplomas deste curso e poderán verse as obras realizadas. Os diplomas serán entregados polo presidente da Fundación Museo de Artes do Gravado e alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.