O Museo do Gravado de Artes amosa 150 obras de Luís Seoane

25 Novembro 2019

Numerosas persoas achegáronse na tarde do venres ata o Museo do Gravado de Artes para presenciar a inauguración dunha exposición centrada na figura do pintor, gravador, poeta e intelectual Luís Seoane e que se incardina dentro da iniciativa impulsada pola Fundación Museo de Artes para exaltar aos grandes gravadores galegos.

A exposición amosa máis de 150 obras do artista galego de tódalas épocas. Tamén se inclúe unha mostra bibliográfica con volumes ilustrados por Seoane, ademais de pezas únicas realizadas en técnicas experimentais e matrices xilográficas orixinais. Esta exposición é posible grazas aos fondos do Museo do Gravado e a cesións temporais de coleccionistas particulares.

O acto contou coa presenza de personalidades da cultura tales coma Carlos L. Bernárdez, crítico de artes e comisario da exposición; Xabier Díaz de Castro ou Soledad Penalta, ambos membros da Real Academia Galega de Belas Artes. Xunto a eles, Pastor Rodríguez, director do Museo do Gravado; e Javier Expósito e Manuel Ruiz, vicepresidente e presidente da Fundación Museo de Artes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.