O Concello de Boiro abre o prazo de solicitude de bolsas para a mocidade

31 Xaneiro 2020

O Concello de Boiro vén de informar de que xa está aberto o prazo para presentar solicitudes ás bolsas a estudantes deste ano 2020 convocadas polo Goberno local. A información precisa sobre estas axudas para a mocidade pode consultarse xa na páxina do Concello, onde se dá conta (entre outros detalles) do período habilitado para formalizar as peticións (dende hoxe até o 15 de febreiro) e dos requirimentos para levalas a cabo. Sinalar que tamén é posíbel solucionar posíbeis dúbidas sobre as bolsas na Oficina da Xuventude do Centro Social de Boiro.

O obxectivo destas axudas destinadas a “alumnado matriculado en centros públicos” é contribuír a afrontar os gastos derivados dos seus desprazamentos e das súas estadías fóra do domicilio e do concello por razón de estudos. A dotación total da convocatoria é de 5.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 326/48.000. Poderá participar na mesma o alumnado que curse estudos técnicos, medios ou superiores que non poidan ser cursados no Concello de Boiro e que reúnan estes requirimentos: estaren empadroados no municipio, ter unha idade máxima de 27 anos no intre da solicitude e non ter repetido curso no ano anterior. As solicitudes deberán facerse no Rexistro do Concello antes do 16 de febreiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.