O BNG boirense require a elaboración dun plan de vixilancia e limpeza do litoral

09 Xaneiro 2020

O grupo municipal do BNG de Boiro levará a pleno a situación dos areais do concello, instando ao goberno municipal a que proceda a elaborar un plan de vixilancia e limpeza do litoral boirense que non se limite e/ou circunscriba a momentos concretos do ano, ademais de buscar unha maior implicación da cidadanía no respecto á natureza coa colaboración, no posible, daquelas entidades que teñen unha especial vinculación co mar. Tamén solicita a colocación de sinais informativas sobre a importancia de manter en condicións os areais, “con mención expresa ás infraccións e sancións posibles para quen non actúe con respecto ao medio.”

A formación manifesta que o municipio conta con numerosas praias ao longo de todo o seu litoral, comportando espazos de lecer e unha fonte de riqueza para os traballadores e traballadoras do mar. Neste senso, expoñen que “é práctica habitual, ou cando menos así viña sendo desde hai tempo” a limpeza e acondicionamento dos areais durante o período estival e en datas próximas ao mesmo, “por considerar que é nestes momentos onde se fai un maior uso dos mesmos.”

Desde o Bloque local entenden que os espazos públicos municipais “deben estar, sobre todo e en primeiro termo, a disposición das veciñas e veciños en óptimas condicións, non podendo ser o turismo o primeiro, ou único, elemento que condicione a actuación municipal sobre os mesmos.”

Así mesmo, sinalan que veñen de comprobar que as praias “non contan neste momento do ano cun estado de limpeza óptimo”, precisando que distintos colectivos e veciñanza estiveron desenvolvendo accións de recollida de residuos cunha tripla intención: visibilizar o seu compromiso co medio ambiente; amosar o estado que por obra do ser humano presentan algúns espazos naturais; e levar a cabo unha limpeza que permita o desfrute destas áreas durante todo o ano. Os nacionalistas engaden que en pequenos recunchos do litoral, tales coma Neixón, hai xente que deposita residuos da construción e escombro, entre outros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.