Manolo Ruiz novo presidente de Arousa Norte

09 Xaneiro 2020

A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte celebrou o primeiro pleno do 2020 no que o alcalde de Boiro, José Ramón Romero García, traspasou o mando da presidencia ao alcalde de Riveira, Manuel Ruíz Rivas. Neste acto de toma de posesión da Presidencia, o novo Presidente dou conta das liñas de traballo que rexerán na Mancomunidade neste 2020.

Unha das liñas é a promoción da Traslatio e da ruta a pé “A Orixe” na que se traballará sobre un espazo online que aúna toda a información de ambos Camiños e sobre unha promoción a nivel internacional do turismo náutico.

Acto de relevo en Boiro da presidencia de Arousa Norte cos catro alcaldes

Unha segunda liña é a creación dunha oferta vinculada ao turismo deportivo xunto coa promoción da oferta de turismo ornitolóxico creada en colaboración co Salnés e que pon en valor os recursos naturais da Ría de Arousa. Co motivo de aunar esforzos, este ano, a Mancomunidade proponse establecer colaboracións interdestinos e traballar conxuntamente para unha promoción máis efectiva.

No relativo á comercialización de oferta turística, desde a Mancomunidade estase estudiando a posibilidade de implementar un sistema de venta cruzada, de cara a mellorar a venta do produto turístico. A gastronomía é outra das liñas nas que se continúa traballando este ano e sobre a que haberá novidades respecto de anos anteriores. Proponse tamén atender unha das necesidades máis prioritarias: a sinalización turística e os sendeiros de Arousa Norte.

Neste primeiro trimestre tamén se recuperan as mesas de traballo coordinado entre os catro concellos, nas que as áreas de turismo, cultura e deportes terán unha gran relevancia.

En dúas semanas, Arousa Norte presentará en Fitur 2020 o Camiño A Orixe, un percorrido por terra que acompaña o Camiño Xacobeo Mar de Arousa Río Ulla.

Acto de relevo en Boiro da presidencia de Arousa Norte cos catro alcaldes

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...