Lois Pérez recala na Pousada coa súa factoría de soños

16 Xaneiro 2020

O mestre, poeta e cronista musical Lois Pérez (Lugo, 1979) vai estar este mes de xaneiro na Pousada da Galiza Imaxinaria, en Boiro, para envolvernos co seu particular mundo de historias orais, poesía, teatro, retranca, literatura de diferentes calibres e brincadeiras varias coas que nunca se sabe moi ben onde remata a costura ficticia e comeza a realidade (e viceversa). A cita cos Contos do Entresoño de Lois Pérez será o día 24 a partir das 22.30. O prezo: sete euros anticipada e nova na billeteira.

O artista, moi experimentado en teatro, poesía e xornalismo rockeiro (eidos nos que ten obtido múltiples recoñecementos), é un vello coñecido da xente da nosa comarca, como por exemplo doutro persoeiro dos escenarios, o carreirán Quico Cadaval, con quen Pérez colaborou para delegar nel a adaptación da súa obra Saltimbanqui.

Segundo explica Suso Santamaría, propietario da Pousada, dende o seu caderno de bitácora no océano dixital, Lois Pérez ten un envexábel currículo de escenarios diversos invadidos pola súa persoa: ten actuado en escolas de idiomas, institutos, universidades, presentacións de novelas, teatros, bares, cárceres, museos, feiras do libro e demais “antros de perdición e desenfreo”. No seu contar, engade o caderno da Pousada, “conflúen a tradición oral, o humor, a gargallada, os sucesos que escoitou, a narración, o rock, a alta literatura, as baixas paixóns e, se ten o día, ata a poesía”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.