Juan Magariños, experto en adestramento e xestión, mostrará na ABE as claves da máxima eficiencia

23 Xaneiro 2020
Juan Luis Magariños nunha sesión previa na sede da Cámara de Santiago

A Asociación Boirense de Empresarios comezou 2020 seguindo a senda da formación avanzada e a innovación ao servizo dos seus integrantes. Nesta liña sitúase a clase maxistral sobre optimización empresarial prevista para a vindeira semana, o xoves 30 de 9.00 a 10.30 horas, na sede da entidade boirense. A persoa encargada de impartir a masterclass será Juan Magariños, experto en metodoloxías para gañarmos en competitividade, rendibilidade, eficiencia, rendibilidade e xestión.

A cita enmárcase no ciclo de Almorzos empresariais da ABE. Centrarase principalmente en mostrar recursos prácticos e doados de aplicar para a planificación da nosa empresa no vieiro da máxima produtividade. Magariños tamén se centrará en amosar os mellores métodos para xestionar o noso tempo, extraéndolle o máximo rendemento ao noso horario laboral.

Nun ámbito máis concretos, na masterclass avaliaranse os seguintes puntos: os hábitos de éxito que utilizan menos do 5 % das persoas que logran resultados excepcionais nos seus negocios; as diversas solucións ao dispor do noso equipo de traballo para facer que o noso negocio ascenda ao seguinte nivel (“ingresar máis empregando menos recursos é posíbel”, avanza Magariños); e as metodoloxías aplicábeis que solucionan a falta de tempo e organización.

Juan Magariños é director e fundador de Optimiza Tu Negocio. É enxeñeiro con mestrado en Coaching Internacional e Posgrao en Dirección e Xestión en Recursos Humanos (RRHH). Dende 2013 asesora e forma a emprendedores, PEME e autónomos no seu desenvolvemento de negocio. Ten na súa bagaxe máis de 1.000 horas certificadas de asesoramento e seguimento profesional a empresas.

Segundo lembra a ABE, as prazas para acudir á sesión con Magariños son limitadas e asígnanse por orde de reserva a través do correo info@abe.gal.

Outros artigos

Arde un vehículo na saída da AG-11 en Boiro sen causar feridos

Un incendio nun vehículo obrigou a intervir aos bombeiros do parque provincial de Boiro arredor das 18:42 horas, despois de que o 112 Galicia alertase dun lume na saída 24 da AG-11, no termo municipal de Boiro. O incidente tivo lugar no aparcadoiro de Espiñeira, onde...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.