Este venres temos unha cita musical co Combo Rock da Escola de Música de Boiro

28 Xaneiro 2020

A axenda de cultura do Concello de Boiro para esta recta final de xaneiro vén con poesía e música. A primeira correrá a cargo de Ricardo de Barreiro, tal e como fixemos saber hoxe mesmo nesta mesma web, e a segunda será cousa da Escola de Música de Boiro, que, co obxectivo de non deixar estilo musical por cubrir, mesmo os sobre o papel máis afastados dun ámbito académico, vai celebrar este venres 31 un concerto para os seareiros locais da música máis electrificada. A audición virá da man do Combo de Rock da Escola de Música e está prevista para as 21.00 horas.

A cita musical, unha das experiencias en directo deste curso 2019-2020 da EMB (unha experiencia que engadir ás pasadas audicións da Exposición da Camelia, do Festival de Nadal da Escola de Música e da programación de Nadal do Concello), será no local Leña Verde (Centro Social).

Organizan a Escola de Música de Boiro, o Concello e máis Sonaxe.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.