Eliminado un vertido en Coroño en Boiro

06 Xaneiro 2020

Os vertidos foron identificados no marco dos traballos de inspección levados a cabo por parte do persoal do Plan de Control de Vertidos.
Tratábase dunha rede de pluviais na que, por medio da realización dun control analítico, se identificaron aportes contaminantes, derivados de conexións incorrectas de vivendas do lugar.
A Xunta comunicoulle ao Concello de Boiro a necesidade de acometer as actuacións necesarias para suprimir este punto de vertido. Neste sentido, a Administración local executou accións consistentes na corrección das acometidas incorrectas, derivando estas á rede de saneamento municipal que da servizo ao lugar.
Os técnicos de Augas de Galicia realizaron unha inspección ao lugar e constataron a través dun novo control analítico a total ausencia de contaminación, confirmándose deste xeito a efectividade das medidas correctoras adoitadas.

Rio Coroño

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.