Comeza a tempada dos lobiños grises na costa galega

14 Xaneiro 2020

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) informou esta semana da apertura máis ou menos oficial da tempada dos lobos mariños no noso litoral, unha presenza que en tempos foi máis abundante (tendo en conta a existencia de nomes de lugar marítimos que dan testemuña da existencia de colonias destes animais, por exemplo as illas Lobeiras na Costa da Morte, onde os investigadores apuntan a que acubillaban, xunto con outros enclaves, familias de lobos mariños cincentos, Halichoerus grypus) pero que segue dando sinais de actividade cada ano por estas datas.

O CEMMA recoñece que nos últimos días albiscáronse varios exemplares no mar e, por esta razón e pola posibilidade de que cheguen á costa, lanzou unha serie de recomendacións: que non nos acheguemos nin os molestemos (os lobiños que andan preto da nosa costa adoitan ser cachorros que descansan un intre do seu itinerario migratorio) e que chamemos ao 112 ou ao 686 989 008 se atopamos un exemplar en terra ou dando sinais de ter problemas na auga. No caso de que estean na praia ou nas pedras, é moi importante que, de achegarnos na compaña dun can, manteñámolo ben prendido. O máis importante, sinala a coordinadora, é que os deixemos tranquilos a non ser que vexamos que nos reclaman, entón é probábel que estean pedindo axuda.

A organización tamén explica que o lobo mariño cincento (en castelán foca gris) adoita ter as súas crías entre mediados de setembro e finais de novembro nas illas británicas (a maioría, nalgunhas colonias seguen nacendo en decembro). Alí nacen por milleiros, e despois no mar os cachorros dispérsanse polo océano, e no seu periplo soen chegar á nosa costa no período comprendido entre decembro e marzo. “Nalgúns casos son exemplares que non necesitar atención e poden valerse por si mesmos, máis outros non son quen de alimentarse ou están febles e doentes e si é necesario rehabilitalos para ceibalos de novo”, engade a coordinadora.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.