Cine e espectáculo durante a fin de semana pobrense

31 Xaneiro 2020

Con motivo da programación cultural que se desenvolverá na Pobra do Caramiñal ao longo do mes de febreiro, antes de dar a benvida ao Entroido, esta fin de semana ofértase no Elma un espectáculo dirixido a público infantil e familiar, así como o visionado dun filme.

Así, o sábado 1, Boriska presenta Sueño infantil, ás 18.00 horas. Trátase dun show diferente, divertido e familiar onde se mesturan a música, o humor e o xogo. Pompas de xabón xigantes, cómicos, bailes e moito máis farán as delicias das crianzas e das súas familias.

Por outra banda, o domingo 2 terá lugar a proxección da nomeada e galardoada longametraxe O que arde, dirixida por Óliver Laxe e que ten como protagonistas principais a Amador Arias e Benedicta Sánchez. A sinopse desta cinta expón que ninguén agarda a Amador cando sae da cadea tras cumprir condena por ter provocado un incendio. Regresa á súa casa, unha aldea perdida das montañas lucenses, onde volverá convivir coa súa nai Benedicta, a súa cadela Luna e as súas tres vacas. As súas vidas transcorren ao ritmo sosegado da natureza, ata que todo cambia cando o lume violento arrasa a zona. Debido ao volume de interesados, desenvolveranse dúas funcións: a primeira, ás 19.00 horas, e a segunda, ás 21.15 horas. Os asistentes poderán recoller ata media hora antes de cada función as entradas, as cales son de carácter gratuíto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.