Avances de cara a reapertura de Radio Boiro

28 Xaneiro 2020

Nas ultimas semanas, o Concello de Boiro comezou a traballar para reabrir a radio municipal que estivo pechada desde o 2015. O lugar onde estará emprazada será o mesmo que ocupaba tradicionalmente, unhas dependencias na Casa da Cultura de Boiro, no que se estiveron efectuando arranxos co obxectivo de poñela en funcionamento.

Primeiramente, procedeuse cunha revisión do material existente, xa que algunhas cousas se destinaran para diversos usos; mentres que outras, tales coma aparellos electrónicos, estaban obsoletos.

Actualmente, despois da primeira fase de posta en funcionamento e probas para poder volver a emitir, atópanse traballando no deseño dunha programación para regresar ás ondas. Segundo manifestan desde o Concello, a idea desta nova radio é manter a esencia que sempre tivo Radio Boiro: ser unha ferramenta de comunicación pensada por e para a veciñanza, pero adaptala aos novos tempos. Neste senso, entenden que o referido medio de comunicación mudou significativamente nos últimos anos, polo que Radio Boiro ten que adecuarse e chegar así a máis xente. Por todo isto, sinalan que se pretende facer unha radio actual e dinámica, que non estea supeditada á emisión analóxica, senón que as emisións se poidan recuperar e escoitalas vía podcast.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.