Asaltan dúas casas de Abanqueiro nun mes e medio

21 Xaneiro 2020
Cedida

Na noite do pasado xoves, catro encapuchados entraron nunha vivenda situada na praza das Laxes, na localidade boirense de Abanqueiro. Unha vez dentro, ameazaron e amordazaron á propietaria da casa -nai dun empresario boirense- xunto cunha empregada que traballaba no fogar. Finalmente, os intrusos leváronse xoias e diñeiro en metálico.

Así mesmo, mes e medio atrás, varios asaltantes irromperon no domicilio do empresario, tamén en Abanqueiro. No interior atopábase un fillo menor de idade, quen logrou escapar e pedir axuda. Cando chegaron os axentes da Garda Civil ao lugar, xa escaparan.

A policía xudicial do instituto armado está investigando o sucedido e, polo de momento, non hai constancia de que se producisen detencións.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.