As Illas Atlánticas e Corrubedo locen riqueza medioambiental e paisaxística en FITUR

22 Xaneiro 2020

O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, o Parque Natural de Corrubedo e outros espazos de gran valor ambiental e paisaxístico da nosa terra están xa en FITUR, a referencial feira de turismo de Madrid, mostrando os seus importantes tesouros. Entre as persoas encargadas de dalos a coñecer atópase a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, que enxalzou o incalculábel valor das seis reservas da biosfera de Galicia (que “malia representar a cuarta parte do territorio galego son algo menos coñecidas que outros destinos”, dixo) e os parques naturais como recurso de turismo respectuoso coa conservación do medio natural.

Durante a sesión inaugural de FITUR en Madrid, celebrada este mércores 22, a conselleira visitou o stand de Galicia e fixo unha presentación na que incidiu na necesidade de “apostar polo turismo verde” xa que, segundo dixo, “un 42,5% das persoas que visitan Galicia fano atraídas pola nosa natureza, cultura e paisaxe”.

Entre as múltiples opcións turísticas ligadas a eses valores naturais, Vázquez Mejuto citou o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, o único declarado na Comunidade, ou os seis parques naturais, entre os que se conta o de Corrubedo e o complexo lacustre de Carregal e Vixán.

A titular de Medio Ambiente rematou a súa intervención apelando ao “gran escaparate internacional que supón FITUR” e subliñou a riqueza dos territorios da nosa Comunidade, convidando aos asistentes a “visitar Galicia” e gozar da “súa ampla e variada oferta turística”.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.