Arousa Norte e a Asociación Cultural Alberto Romero asinan un convenio de colaboración

21 Xaneiro 2020
Cedida por Mancomunidade de Municipios Arousa Norte

O presidente da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte e alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, e o presidente da Asociación Cultural Alberto Romero, Santiago García, procederon esta mañá á sinatura dun convenio focalizado na colaboración, impulso, difusión e promoción das actividades creadas polo referido colectivo.

A Asociación Cultural Alberto Romero ten como fin principal a promoción da cultura audiovisual a través do seu Certame de Curtas Alberto Romero, o cal se desenvolve no eido dos Concellos pertencentes a Arousa Norte e que conta con moi boa acollida entre o público en xeral.

Desde a Mancomunidade comprométense con este convenio a colaborar na realización do proxecto IV Certame Audiovisual de Curtas Alberto Romero, no cal participan desde estudantes de Primaria ata Bacharelato, ademais de contar cunha categoría para usuarios dos centros dirixidos a persoas con diversidade funcional e outra categoría libre aberta a todos aqueles que desexen participar a nivel de toda Galicia. Tal e como sinalou Santiago García, unha decisión que se tomou por “demanda popular” e que supón “un bo incentivo para que xente de fóra veña a coñecer a nosa comarca.”

Segundo manifestou a xerente da entidade supramunicipal, Irene Maneiro, este acordo enmárcase dentro das liñas estratéxicas que se contempla para o 2020, resultando “importante contar con profesionais, entidades e asociacións culturais que xa traballan no territorio, apostando así por unha implicación de proxectos culturais cos que consolidar unha proposta de turismo creativo.”

Pola súa parte, o presidente da nomeada asociación, Santiago García, anunciou que a gala se celebrará o 29 de febreiro, ás 19.00 horas, no Auditorio municipal de Rianxo. Entre as novidades deste ano figuran a duplicación do número de clases audiovisuais que se efectuaron na comarca, unha sesión de clases dedicadas a diversidade funcional, ampliación da categoría de Primaria e reparto das dúas modalidades escolares. Respecto a isto último, precisou que “agora Primaria vai todo xunto e ESO  e Bacharelato van na categoría de Secundaria.” En total realizáronse 34 inscricións, sendo a quenda de deliberación por parte do xurado para escoller os gañadores, mentres que o equipo técnico se atopa inmerso na posta en escena da gala. Así, repartiranse 1.200 euros entre os catro premios existentes, un por cada modalidade.

Na sinatura do convenio tamén estiveron presentes o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, así como Estefanía Pérez, Montse González e Vanesa Ordóñez -quen exercerá de presentadora da gala-, todas elas integrantes da Asociación Cultural Alberto Romero.

Outros artigos

A Pobra suma dúas novas citas coa cultura no Cantón da Leña

A programación cultural da Pobra do Caramiñal continúa a próxima semana con dúas propostas no Cantón da Leña. Sue Moreno, con 5.0, e Rendos Pequeno, con Charlatán Rodríguez, protagonizarán as funcións previstas para o martes 11 e o xoves 13 de agosto, ambas ás 20.30...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.