Aceites Abril e ANFACO-CECOPESCA celebraron en Boiro unha cata e un showcooking

28 Xaneiro 2020
Cedida

Os aceites de oliva virxe monovarietales de Aceites Abril protagonizaron, por primeira vez, unha xornada gastronómica coas conservas de peixe e marisco no restaurante Miramar Playa de Boiro. O secretario xeral de ANFACO-CECOPESCA, Juan Manuel Vieites, e a directora de Marketing de Aceites Abril, Elena Pérez Canal, deron a benvida aos asistentes, vinculados na súa maioría co tecido empresarial asociado a ANFACO-CECOPESCA. Un acto, no que tamén participou o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e que segundo Elena Pérez Canal “é unha xornada para dar a coñecer algo máis a cultura do aceite, sobre todo para as conserveiras.” Neste senso, indicou que “igual que utilizamos un tipo de monovarietal para cada tipo de prato, e se é un peixe usamos un hojiblanca, por que non facelo tamén nas conservas.”

Cedida

Precisamente, esta empresa ourensá foi o fabricante número 1 en ventas de aceite de oliva e de xirasol en Galicia durante o 2019, segundo datos facilitados pola consultora AC Nielsen. As vendas das diferentes gamas de aceite (suave, intenso, virxe extra e xirasol) consolidan a Aceites Abril como a marca favorita dos fogares galegos, tal e como se establece en dito estudo.

No que respecta á industria conserveira española e galega, compre destacar que España, e á cabeza Galicia, son unha referencia mundial en canto á súa produción, exportación e en variedade da súa oferta, todo isto debido ao esforzo do sector no desenvolvemento da súa estratexia de comercialización, internacionalización e innovación. Así, durante o evento, Juan M. Vieites salientou que Galicia é a primeira comunidade en produción de conservas e transformados de peixe e mariscos, ademais de gran comercializadora destes produtos en todo o mundo. Proba disto é que comercializa case o 50% da súa produción en máis de 115 países, onde as conservas galegas representan case o 80% do total destes produtos comercializados por España. Tamén subliñou que este tipo de actos constitúen unha forma de “dar a coñecer a gran variedade de produto do sector, a importancia do sector a nivel nacional e internacional, que son produtos saudables e que teñen un impacto socioeconómico en Galicia.”

Cedida

Por outra banda, o oleólogo Rubén Gutiérrez dirixiuse aos asistentes, durante a cata hedonista dos aceites virxe extra picual e Abril Colleita Propia, ensinándolles a percibir os seus diferentes matices, así como o sabor característico dos distintos aceites monovarietales. Esta actividade supuxo unha oportunidade para os conserveiros á hora de afondar nos seus coñecementos no mundo do aceite.

Posteriormente, o chef Miguel Mosteiro, de Gastrolab Arousa, empregou os aceites da cata para resaltar os pratos que elaborou durante o seu shocooking con diversas conservas de peixe e marisco. O menú incluíu unha empanada de sardinilla con algas; unha tosta de atún con guacamole e tomates; allo branco con berberechos e ovas de salmón; empanada aberta de zamburiñas con brotes tenros; e mexillón es escabeche con wakame e emulsión de verduras escabechadas.

Cedida

Ademais, os conserveiros puideron comprobar como, a través dos aceites, se potencia o sabor de distintas elaboracións. Pola súa parte, Abril convidou, mediante a súa directora de Marketing, “a impulsar desde os departamentos de calidade das empresas conserveiras novos coupages de aceite de oliva extra que lles permitan obter un valor engadido e diferenciador nos seus produtos finais.”

Esta cita estivo organizada por Aceites Abril e ANFACO-CECOPESCA, en colaboración coa Consellería do Mar da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo e Marítimo de Pesca (FEMP), co obxectivo de achegar ao público as claves da Dieta Atlántica.

Outros artigos

Boiro será a primeira parada da xira “Meu Ceu” de Eris MacKenzie

Chega unha etapa para Eris MacKenzie. O artista natural da Coruña levará a súa terra natal o primeiro dos seus concertos da xira Meu Ceu. A proposta que fusiona a música electrónica, os sons tradicionais galegos e certos matices da música comercial, chegará este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Obrigacións e dereitos”. Luís Celeiro

“Obrigacións e dereitos”. Luís Celeiro

Era un gusto falar con el e escoitalo falar, ata que chegaba a hora de pagar. Despois devarios anos, todos esperaban todos os días a que pagara el, pero nunca acontecía o milagre.Era agarrado, un cotroso e conicho como son os coreños. Na taberna pedía do mellor,...