A undécima edición da Ruta Marítima Xacobea O Cabaleiro das Cunchas presentouse en FITUR

27 Xaneiro 2020
Cedida

A Feira Internacional de Turismo (FITUR) acolleu a presentación da XI Ruta Marítima Xacobea O Cabaleiro das Cunchas, un acto conducido pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e que contou coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Na súa pasada edición, a ruta recalou en mariñas de Arousa Norte tales coma Cabo de Cruz-Boiro e A Pobra do Caramiñal. Agora O Cabaleiro das Cunchas chega á súa undécima convocatoria, reforzado pola presenza en activo dun bo número de embarcacións e navegantes que consolidaron ao longo dos anos, coa súa asistencia e participación, esta travesía.

A cita partirá este ano desde as instalacións do Liceo Marítimo de Bouzas a finais do mes de xullo, tal e como explicou Javier Grande, presidente da Asociación Amigos de la Ruta Marítima del Apóstol Santiago a Galicia que a organiza, con diferentes etapas nas que a flota, a cal segundo a previsión dos organizadores, poderá chegar ás 25 unidades, percorrendo distintos lugares da paisaxe costeira do veciño país de Portugal e o litoral das vilas mariñeiras das Rías Baixas, navegando ao redor de 200 millas náuticas, uns 370 quilómetros.

Durante o transcurso do acto en FITUR, Grande entregou a Feijóo un exemplar do libro escrito por Paulino Freire que recolle a historia da Traslatio do corpo do Apóstolo Santiago, rememorando a lenda do Cabaleiro das Cunchas, un nobre medieval morto por unha lanza na costa de Bouzas e devolto á vida co paso do corpo do Apóstolo, saíndo do mar montando no seu cabalo recuberto de cunchas, atribuíndose o milagre ao mesmo Santiago.

Nava Castro manifestou que “a Ruta Marítima O Cabaleiro das Cunchas é un bo exemplo dese espírito que compartimos, o da ilusión de vivir o camiño e o de vivir a cultura Xacobea.”

Desde o 2010, a Asociación de Amigos de la Ruta Marítima promove a iniciativa, unindo Portugal con Galicia, para levar aos peregrinos ata Santiago, incentivando a Compostela que se lles outorga, tras a celebración da Misa e a bendición.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...