A Policía Local de Rianxo efectuou 1.326 controis de velocidade, alcohol e drogas durante o Nadal

07 Xaneiro 2020
Cedida por Policía Local de Rianxo

Entre o 23 de decembro de 2019 e o 7 de xaneiro de 2020 estableceuse unha campaña de control de velocidade, alcohol e drogas, mediante a cal a Policía Local de Rianxo procedeu ao control dun total de 1.326 vehículos e efectuáronse 254 probas de alcohol e drogas. Neste senso, detectáronse un total de 22 infraccións administrativas relativas a velocidade, alcoholemias positivas e deficiencias na documentación de vehículos e condutores, así como instruíndose dilixencias xudiciais por un delito contra a seguridade viaria.

Dentro do plan de coordinación en materia de seguridade viaria, na tarde do sábado 4 efectuouse un control conxunto entre Policía Local de Rianxo e a Agrupación de Tráfico da Garda Civil. Deste xeito, realizáronse 70 probas de alcoholemia, arroxando unha positivo. Tamén se detectaron dúas infraccións relativas a permisos de condución, razón pola cal se cursaron as pertinentes denuncias.

Ademais, os axentes déronlle o alto a un ciclomotor na mañá do luns 6. Unha vez procederon á súa identificación, comprobouse que dito ciclomotor carecía de seguro obrigatorio desde o 2014 e sen efectuar as inspeccións técnicas obrigatorias desde o 2015. Así mesmo, o piloto carecía de licencia de condución en vigor, polo que se procedeu á inmobilización e depósito do vehículo ata a resolución das deficiencias detectadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...