A apertura da XV Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño tivo como protagonista ao pintor Manuel Ayaso

20 Xaneiro 2020
Cedida por Asociación Francisco Lorenzo Mariño

A parroquia ribeirense de Aguiño vén de concluír a XV Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño, conmemorando o pasamento do párroco don Francisco. A programación arrancou o venres 17 cunha xornada cultural dedicada ao pintor Manuel Ayaso, veciño desta localidade, socio de honra da Asociación Francisco Lorenzo Mariño desde o 2009 e recoñecido con numerosos galardóns a nivel nacional e internacional, ademais de dar nome á Casa da Cultura aguiñense. O acto contou coa asistencia de máis de 150 persoas entre os que se atopaban membros da corporación municipal de Ribeira, representantes do tecido social do municipio e artistas barbanzáns.

A xornada contou coa intervención de Elvira Pisos e Unai González, presidenta e membro da directiva da referida asociación, respectivamente; Manuel Cartea, presidente da Asociación Cultural Barbantia; Pastor Rodríguez, director do Museo do Gravado de Artes; e Manuel Ruiz, alcalde de Ribeira. Ademais, procedeuse á proxección da curta documental Manuel Ayaso. Historia dun artista, así como á entrega dun agasallo ao nomeado pintor e un ramo de flores á súa muller, Lucía Rivas.

O evento tamén contou coa actuación das pandeireteiras da Asociación Francisco Lorenzo Mariño e rematou cun viño galego de confraternidade.

Cedida por Asociación Francisco Lorenzo Mariño
Cedida por Asociación Francisco Lorenzo Mariño
Cedida por Asociación Francisco Lorenzo Mariño
Cedida por Asociación Francisco Lorenzo Mariño

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.