A ABE entrega os premios da campaña de Nadal

10 Xaneiro 2020
Cedida por ABE

A Asociación Boirense de Empresarios anunciou na xornada de onte o número agraciado co Sueldazo ABE, unha das iniciativas enmarcadas na campaña de Nadal. Tras a realización do sorteo no que se extraeu o boleto gañador, ademais de catro suplentes, anunciouse que o número premiado era o 44.496, o cal fora entregado en Paquetería Josefina. Poucas horas despois, Tamara Linares presentou a rifa agraciada, converténdose nunha das máis rápidas en aparecer na longa historia dos premios de Nadal da ABE.

O presidente da entidade, Daniel García, entregou na tarde de onte o premio a unha emocionada Tamara, quen recibirá cada mes 300 euros en vales de compra a gastar durante o presente curso, agás o mes de xaneiro, nos establecementos participantes na campaña.

Así mesmo, Aitor e Rosalía convertéronse nos gañadores do patinete LED e o patinete eléctrico, respectivamente, os cales se sorteaban entre tódolos cativos que depositasen as súas cartas aos Reis Magos na Carpa dos Soños. Ambos xa pasaron pola sede da ABE para recoller os seus agasallos.

Con estas entregas, a entidade finaliza a campaña propia desta época e comeza a preparar as actividades do 2020, agardando que teñan tan boa acollida coma as do ano pasado.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.