Unhas actividades ofrecidas pola escritora Eva Mejuto indagarán en Boiro sobre a desigualdade de xénero

11 Decembro 2019

A Casa da Cultura de Boiro dará cabida o venres 13 a unha dobre actividade promovida polo Concello e subvencionada dentro do programa Igual-Son da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Primeiramente, a autora Eva Mejuto ofrecerá, a partir das 20.00 horas, o contacontos Contos do dereito e do revés destinado a crianzas con idades comprendidas entre 4 e 9 anos, reflexionando así sobre os roles habituais dos personaxes femininos e masculinos nos relatos, propoñendo novas formas de contar historias nas que as nenas, mozas e mulleres sexan tamén personaxes activos e reivindicativos.

Posteriormente, terá lugar o obradoiro Voces Violetas, a cargo de Eva Mejuto, empregando cancións de diversos xéneros para analizar a presenza de micro e macro machismos e violencia emocional e verbal. Tamén se indagará en personaxes de series de ficción actuais, tanto para o público infantil, xuvenil ou adulto, así como personaxes literarios das lecturas máis aclamadas polo público xuvenil proporcionando ferramentas de análise para detectar, analizar e combater, desde dentro dos propios fogares, a desigualdade e a violencia. Esta cita desenvolverase ás 21.00 horas e está especialmente dirixida ás ANPAs e familias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.