Tres IES do municipio boirense recibiron charlas de sensibilización e prevención de violencia machista

23 Decembro 2019

Alumnado de tres centros educativos de Boiro -IES Praia Barraña, IES A Cachada e IES Espiñeira- participaron a pasada semana nunhas charlas de sensibilización e prevención da violencia machista organizadas polo Centro de Información á Muller (CIM) boirense, contando co financiamento do Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade para a realización de proxectos ou programas que teñen como finalidade o desenvolvemento das medidas do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero.

Emily Rodríguez e Noelia Míguez relataron aos estudantes os anos de maltrato continuado, tanto psíquico coma físico, que sufriron por parte de ex-parellas, transmitíndolle ao alumnado de cuarto da ESO e Bacharelato como lograron saír desas relacións danosas e do círculo da violencia. A mensaxe que se intenta comunicar con estas sesións é a da necesidade de afrontar o problema das violencias machistas desde a base, que é a educación.

Neste senso, Emily, Noelia, persoal do CIM e profesorado dos tres centros citados anteriormente indicáronlle ao alumnado que o entorno é unha peza clave para que a muller que sofre calquera tipo de violencia se sinta apoiada, denuncie e abandone ao seu agresor. Ademais, o Centro de Información á Muller presentou os servizos que desde o Concello se ofrecen para a consecución da igualdade entre homes e mulleres, tales coma o asesoramento xurídico, a atención psicolóxica ou orientación profesional e sociolaboral.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.