Tempo: Mais auga o sábado que o domingo e chuvia que continuará a próxima semana

14 Decembro 2019

A fin de semana seguiremos con chuvia sobre todo no serán do sábado e o domingo de madrugada e con alternancia de períodos de ceo moi anubrado con algún claro o resto do festivo na zona de Arousa Norte.

A próxima semana non se agardan cambios significativos no Barbanza xa que as rías baixas continuará na influencia das borrascas atlánticas. En principio o mellor día da semana e máis tranquilo parece será o martes, para o mércores e xoves empeorar considerablemente con forte choiva e vento debido a coincidencia dunha borrasca cun ciclón extratropical. Trala pequena pausa da primera metade da semana regresa outra fronte polo que os prognósticos indican que podemos chegar ós 300 litros/ m2 acumulados antes do día 22 de decembro.

Así pois a probabilidade de precipitacións será alta, con ventos de compoñente oeste en xeral e con temperaturas suaves, con pouca oscilación térmica.

Sábado 14. 12 horas. Previsión choiva (mais escuro máis choiva)
Domingo 15.1 12 horas. Previsión chuvia
Luns 16. 12 horas. previsión chuvia
Martes 17. 12 horas. previsión chuvia

Fonte: Mapas Wetterzentrale

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.