PetSelect (JEALSA) doa 30.000 quilos de alimentos a oito protectoras galegas

03 Decembro 2019
Os representantes das protectoras e de PetSelect nunha imaxe cedida por JEALSA

JEALSA, a conserveira de Boiro, está a avanzar treitos relevantes en materia de política de responsabilidade social corporativa (o programa WeSea). Froito deste compromiso solidario e medioambiental xorden iniciativas como as campañas colectivas para a limpeza de praias (que os días pasados tiveron un novo capítulo en Carragueiros, que se saldou coa recollida de de 235 quilos de lixo) ou as accións de axuda para as mascotas abandonadas. Nesta liña, a empresa PetSelect (pertencente a JEALSA) deu a coñecer a doazón de máis de 30.000 quilos de alimentas para varias protectoras animais da nosa terra. Estas contribucións posibilitaron alimentar a máis de 29.000 cans e gatos.

As doazóns foron entregadas o pasado venres 29 de novembro. En total, beneficiáronse delas oito organizacións galegas: Asociación Vila Peixiño de Gondomar, Argo (Santiago), Axúdanos (Santiago), Callejeros Barbanza, Cometa (Ferrol), Protectora de Vilagarcía, Refuxio de Bando (Santiago) e Terracan (Ferrol).

Segundo sinalou o director comercial e de mercadotecnia da firma PetSelect, José Antonio Álvarez, “as protectoras dan refuxio e protexen aos animais abandonados mentres non atopan unha familia que os adoptan, e como empresa comprometida co coidado animal e por suposto coa nosa contorna, a través do noso programa de RSC WeSea, establecemos mecanismos de colaboración con estas entidades para acompañarlles durante ese espazo de tempo”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.