Obxectivo: incrementar a cifra de usuarias e usuarios das aulas CeMIT

03 Decembro 2019
Participantes nunha actividade de formación na aula de Boiro

A axencia AMTEGA deu a coñecer hoxe os seus plans vindeiros para a rede de aulas CeMIT, os espazos de alfabetización dixital que a entidade autonómica mantén nunha chea de municipios, conxuntamente cos concellos, dende os que se organizan múltiples e variadas accións de dinamización e formación tecnolóxica. Segundo fixo saber a axencia, a previsión é superar os 96.000 usuarios o vindeiro ano. En palabras de AMTEGA, a rede “xogará un papel fundamental a longo da vindeira década no que se refire á facilitar a acreditación do futuro Marco de Competencias Dixitais”. A nivel da comarca do Barbanza (Arousa Norte), cómpre lembrar que a rede ten presenza Boiro e máis en Ribeira.

Estes e outros datos foron dados a coñecer no transcurso dunha xuntanza de dinamizadoras/es da rede desenvolvida na Cidade da Cultura baixo o lema Traballando no Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020.

Un algo de reconto

Dende os seus inicios en 2011, a Rede CeMIT planificou máis de 370.000 horas de formación en TIC en diferentes niveis e, actualmente, conta con máis de 90.400 usuarias e usuarios rexistrados. Ao longo de 2020 está previsto superar os 96.000 usuarios e realizar máis de 35.000 horas de formación e 2.500 actividades.

Algúns fitos máis

A directora de AMTEGA, Mar Pereira, inaugurou o encontro salientando que “se cumpriron cun ano de adianto” o obxectivos proposto hai tres anos de superar a porcentaxe do 75% dos galegos que acceden a Internet. Os últimos datos do INE sitúan esta porcentaxe xa no 84% a día de hoxe, destacou, engadindo que as aulas CeMIT continuarán sendo “un instrumento fundamental para acreditar os coñecementos en base ao novo Marco Galego de Competencias Dixitais, que aprobará proximamente o Goberno galego”.

Pereira tamén recordou que a Rede CeMIT é unha iniciativa posta en marcha pola AMTEGA e conta coa colaboración de 92 concellos e 53 comarcas e está integrada por 98 aulas, co obxectivo común de transformar á cidadanía galega nunha sociedade plenamente integrada na sociedade dixital. A rede é un dos instrumentos principais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia para “ofrecer a cidadanía recursos de capacitación TIC en función do seu nivel de coñecemento e conta con máis de 800 aliados dixitais”.

Outros artigos

Elite e Consvial reformarán a escola infantil de Padrón

A mesa de contratación do Concello de Padrón adxudicou hoxe a construción da nova escola infantil á unión temporal de empresas formada pola firma padronesa Elite e a madrileña Consvial. A UTE comprométese a executar as obras nun prazo de seis meses e cun orzamento...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.