O Plan Proxecta conta neste curso coa participación de 182 centros educativos coruñeses

09 Decembro 2019

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de resolver a convocatoria do Plan Proxecta para o actual curso 2019/20, no que participarán un total de 182 centros de ensino da provincia da Coruña. Ao seu abeiro,  52.413 alumnos xunto con 2.489 profesores desenvolverán 305 proxectos diferentes nalgún dos 44 programas que compoñen esta iniciativa.

Na provincia da Coruña, os programas nos que participan un maior número de centros  son PDC (proxecto deportivo de centro. Centros activos e saudables), con 97 centros; Aliméntate ben, con 30; Proxecto Terra, con 16; e Correspondentes xuvenís, con 15. Proxecto Ríos e Donas de si contan con 13 centros participantes. Séguenlle  os programas Quérote+, con 12  centros; e Meteoescolas, con 11.

No conxunto de Galicia participarán no Proxecta 579 centros de ensino (un 6’83% máis que o ano pasado), nos que preto de 148.000 alumnos (un 7’46 máis ca no curso anterior) e máis de 8.200 docentes desenvolverán un total de 1.070 proxectos. No curso 2018/19 participaron no Plan Proxecta 542 centros de ensino, preto de 138.000 alumnos e máis de 8.000 profesores.

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.

Neste curso ofertáronse un total de 44 programas diferentes, relacionados cos ámbitos da saúde, a alimentación, a actividade física, a ciencia e a tecnoloxía, a lingua, o patrimonio, a solidariedade, o medio ambiente, o desenvolvemento sustentable, a igualdade, o consumo responsable, o voluntariado, a interculturalidade, a convivencia, a educación emocional, a creación audiovisual, a normalización lingüística, os dereitos da infancia ou a mobilidade, entre outros.

Dos 44 programas incluídos na convocatoria deste ano, 40 xa estaban en funcionamento o curso pasado e catro entraron a formar forma parte no Plan Proxecta este curso 2019/20: De Ítaca a Ávalon, unha nova iniciativa no ámbito da coeducación, Escola verde que persegue o fomento de actitudes responsables co medio ambiente na comunidade escolar, Pasaporte solidario relacionado coa promoción do voluntariado e Cidadanía dixital que pretende contribuír á educación mediática e dixital da comunidade educativa.

O feito de acoller a devandita variedade de programas baixo o Plan Proxecta establece un marco xeral de colaboración para traballar neste eido dun xeito estruturado, de tal forma que se contribúe a fixar uns criterios metodolóxicos e organizativos comúns, a establecer pautas compartidas en relación ao recoñecemento do traballos do profesorado nestes proxectos e a ofrecerlles aos centros e aos docentes a posibilidade de incluír dentro da súa planificación anual e programacións a participación neste tipo de iniciativas.

O obxectivo último deste plan é avanzar nas dinámicas de mellora da calidade educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado. Para iso, un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixina como para o resto da comunidade educativa galega.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.