O miradoiro de Pico Muralla abrirá unha nova fiestra ás paisaxes da contorna

09 Decembro 2019
Facebook do Concello de Rianxo

O alto do Pico Muralla contará cun miradoiro, cuxas obras comezaron recentemente. Trátase dunha actuación impulsada conxuntamente polos concellos de Lousame e Rianxo, contando cunha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) que con 40.000 euros financiará parte do seu custe. Ademais, conta coa colaboración de Comunidades de Montes como a do Vilar, Campelo e Cerqueiras que cedeu terreos para aparcadoiro.

Así, a referida paraxe converterase nun recurso turístico que potenciará a zona e ofrecerá unha ampla panorámica, podendo divisarse a ría de Arousa, a de Muros e Noia ou Santiago, entre outros.

De marchar todo segundo o previsto, a intervención estará rematada no prazo dun mes aproximadamente.

Outros artigos

Localizado o veciño do Barral (Rianxo) extraviado dende o martes

A Policía Local de Rianxo comunicou que o veciño que levaba extraviado e sen paradoiro coñecido dende este martes 7 de abril foi finalmente localizado preto do seu domicilio e en bo estado de saúde, aínda que con sinais de desorientación, polo que foi trasladado en...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.