O BNG presenta en Rianxo as emendas aos Orzamentos da Xunta

03 Decembro 2019
Cedida por BNG

O deputado nacionalista, Xosé Luís Rivas ‘Mini’, e o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, acompañados de membros do BNG das catro localidades de Arousa Norte, presentaron publicamente as emendas aos Orzamentos da Xunta para 2020.

Segundo explicou Xosé Luís Rivas “a política da Xunta esquece as demandas sociais coa poboación dos catro concellos da Barbanza como son a mellora dos servizos públicos e sociais como a sanidade ou a atención á dependencia.” O nacionalista tamén quixo denunciar o incumprimento de acordos orzamentarios “para tirar a foto e que despois o PP non executa.”

Así mesmo, o deputado nacionalista cargou contra Feijóo, afirmando que “carece de proxecto de país” e que, se o ten, o único que se visualiza con estes Orzamentos é “a consolidación das privatizacións e recortes en materia social, desatenden o noso rural ou as nosas rías.” Rivas ‘Mini’ botou man dun informe de Augas de Galicia, sostendo que a metade das depuradoras funcionan mal. No ámbito rural, sinalou que o único que se promove é o monocultivo do eucalipto, concluíndo que “faise preciso poñer en valor a gandaría, a silvicultura, apostar pola un monte multifuncional que evite os grandes lumes forestais.”

Pola súa banda, o rexedor Adolfo Muíños destacou que o BNG aposta por dinamizar e revitalizar unha comarca que aglutina unha poboación de máis de 65.000 habitantes e posúe unha industria forte como é a conserveira ou un sector primario decisivo para Galicia coma é o pesqueiro.

Muíños argumentou que a atención ás persoas e ás necesidades sociais é fundamental para o Bloque. Neste senso, rexistran emendas para dotar dunha nova residencia a Ribeira que sexa de ámbito comarcal, poñer en marcha o centro de día de Rianxo, arranxar o centro de saúde da Pobra e dotar unha ambulancia medicalizada ao Hospital do Barbanza. Segundo explicou, “debemos garantir o dereito a termos unha sanidade pública de calidade e unha boa atención ás persoas maiores.” No que respecta ao centro de día, expuxo que “queremos que a Xunta apoie a posta en marcha do centro de día no pazo de Rianxiño e no caso de que a Xunta queira negarlle aos veciños e veciñas este dereito que o diga claramente.”

En canto ás infraestruturas, o Bloque manifestou que aposta pola mobilidade e propón dotar á comarca dunha liña ferroviaria que permita mellorar as conexións con outras cidades por tren e facilite a exportación das mercadorías que se producen nas industrias e materias que chegan aos portos. A formación nacionalista expresou que esta proposta non sería excesivamente custosa pois as vías xa pasan por Rianxo, sendo unicamente preciso proxectar unha única liña que chegase ata Ribeira. Tamén se inclúe nas emendas do BNG o aumento no mantemento no portos pesqueiros, a reforma do rianxeiro pazo do Martelo para modernizar a biblioteca e garantir a súa accesibilidade, así como o remate da escola infantil da Pobra.

Por último, o Bloque solicita que os Orzamentos da Xunta para 2020 contemplen a construción dunha segunda depuradora para Boiro que preserve o medio natural. Adolfo Muíños referiuse a que é unha necesidade urxente para evitar que haxa verteduras na ría que prexudiquen o medio natural e os postos vinculados á pesca e ao marisqueo.

Outros artigos

Mércores 7, xornada de tempo variable

Este mércores 7, San Raimundo, quedaremos baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións. O día presentarase con ceos parcialmente nubrado e precipitacións intermitentes durante a mañá, especialmente na metade norte e interior da Comunidade. Co avance...

+

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Carta real a los Magos”. José Castro López

“Carta real a los Magos”. José Castro López

Después del mensaje real aparecieron dos clases de exégetas. Los que aplauden suspalabras sin darse por aludidos y los críticos que nunca defraudan y reproducen lavaloración negativa de años anteriores, que repetirán la siguiente Nochebuena.Lo cierto es que el Rey...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.