O BNG fai unha proclama para pechar fileiras, este sábado, contra “a lacra da emigración”

13 Decembro 2019

Malia que en certos ámbitos non deixan de enxalzarse tristemente as bondades de deixar a nosa terra de orixe na procura dunhas oportunidades laborais que o noso lugar de orixe non nos ofrece, para o Bloque Nacionalista de Galego a emigración foi, é e será sempre unha lacra, un drama que aínda segue vixente e ao que cómpre poñer solución definitiva. Por estes e outros motivos, o BNG de Barbanza vén de lanzar unha proclama para acadar a máxima participación nas concentracións (medio cento delas) que se van levar a cabo este sábado nunha chea de concellos galegos, incluídos os da nosa comarca. As mobilizacións, convocadas por Vía Galega, terán tres convocatorias no Barbanza: perante os consistorios de Ribeira e Rianxo e na praza de San Roque de Noia a partir das 12.00 horas deste sábado.

As concentracións, desenvolvidas ao abeiro da campaña Non Emigramos, Expúlsannos, buscan denunciar “a situación de emigración forzada á que se ven sometidas millares de persoas cada ano no noso país”.

Segundo declarou o responsábel comarcal, Luís Pérez Barral, “imos apoiar estas concentracións porque entendemos a emigración como o síntoma principal dunha economía subalterna, que non aproveita as verdadeiras potencialidades de Galiza, e que se limita, na práctica, a fornecer materias primas en lugar de terminar os ciclos produtivos no país”.

O Bloque engade que “esta orientación non é casual, senón produto da falta de soberanía política, da dependencia das relacións económicas a respecto de Madrid e da falta de interese dos diferentes gobernos autonómicos en promover unha economía autocentrada e que trataremos de reverter mediante os representantes propios do BNG nas diferentes institucións”. A agrupación comarcal, por estes motivos, fai un chamamento a concorrer nas concentracións, acompañando estas accións co traballo da agrupación política para facer que as institucións recoñezan a emigración actual “como unha emerxencia nacional e se activen, dunha vez, os mecanismos para remediar esta lacra”.

Outros artigos

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.