O alumnado do CEIP de Carreira visita a mostra Momentos de Paco Casal

20 Decembro 2019

A exposición Momentos que se está a exhibir estes días no Centro Cultural Lustres Rivas foi visitada este xoves 19 de decembro por un grupo de nenas e nenos do CEIP de Carreira. O propio artista autor da mostra, Paco Casal, encargouse de mostrarlles os detalles máis relevantes das pezas que acubilla, explicándolles as técnicas de gravado máis populares e convidándoos a seguir o camiño da creatividade nas súas moitas manifestacións.

En Momentos, como lembraremos, achéganse preto de trinta obras variadas en canto a técnica e formato, moitas delas seleccionadas ou premiadas en certames como a Bienal José Luis Fernández, Certame Internacional de Gravado Fundación Pedro Vivanco da Rioxa ou no Premio Atlante de Gravado do Museo de Artes-Ribeira.

A exposición terá as súas portas abertas até o 4 de xaneiro. O autor das obras que acolle é o artista Paco Casal, ferrolán afincado en Aguiño. O artista, que comezou a a súa andaina pictórica en 1985, expón regularmente dende o ano 1990 e a súa obra ten sido recoñecida nunha manchea de eventos artísticos de pintura e gravado, con premios concretos ou coa elección das súas obras entre as escolmas finalistas, amais de engrosar un importante e senlleiro número de coleccións, tanto de particulares como de empresas e institucións públicas.

Momentos é a terceira mostra de Casal no Centro Cultural Lustres Rivas. A primeira foi en febreiro de 2015 (Realidades máxicas) e en xullo de 2016 participou nunha exposición conxunta co escultor rianxeiro Nuco Losada baixo o título A Galicia máxica.

Outros artigos

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.