Moura recada fondos con numerosas propostas neste Nadal

16 Decembro 2019
Facebook Moura

A Asociación Protectora de Animais Moura atópase traballando arreo a través da realización de eventos e recadacións para acadar o diñeiro necesario para pagar a débeda veterinaria adquirida. Cómpre lembrar que se trata dunha entidade sen ánimo de lucro, cuxo labor se centra na recollida de animais que se atopan en situación de abandono, desamparo ou maltrato, tratando de proporcionarlles unha vida digna e persoas comprometidas que ofrezan un fogar responsable con disposición a adoptar ou acoller.

Na súa páxina de Facebook informan de que está á venta o calendario solidario a un prezo de 3 euros no Hospital Veterinario Ramiro Tubío e, proximamente, en máis locais. Tamén organizan unha cea para o venres 20 no restaurante Sisal, na Pobra, acompañada de sorteos e da música de Arrancadeira, podendo adquirirse as entradas en Foto Rioss (A Pobra) e Peluquería Aurora (Boiro). Da mesma maneira, facilítase a compra de rifas a 1 euro para a súa cesta de Nadal; así como participacións da lotaría.

Ademais, existe a posibilidade de realizarse unha instantánea solidaria con mascota no estudo fotográfico referido anteriormente.

Outros artigos

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.