Gran afluencia no regreso do mercadiño de Boiro á avenida da Constitución

17 Decembro 2019

A avenida da Constitución volve a albergar desde hoxe o mercadiño semanal que cada martes se celebra en Boiro. O tempo acompañou e numerosas persoas achegáronse ata os máis de setenta postos emprazados na nova localización. Ata alí desprazáronse o rexedor do municipio, José Ramón Romero, e o tenente de alcalde, José Luis Ruiz. O mandatario local expresou que as tres primeiras semanas servirán para ir adaptando progresivamente o mercado. Neste senso, o obxectivo é acadar un “mercadiño agradable e adaptado ao entorno do casco.” Así mesmo, precisou que os establecementos hostaleiros tamén rexistraron un aumento da concorrencia.

Ademais, o mercadiño realizarase tamén durante as datas do Nadal, tanto o 24 coma o 31 de decembro, coa intención de impulsar o cambio de localización, especialmente nesta época.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...