Espectáculos, actividades culturais e sorteos no Nadal de Ensoño boirense

11 Decembro 2019

Boiro desenvolverá ao longo destas datas o programa de actividades que leva por título Un Nadal de Ensoño, englobando citas culturais, espectáculos, festivais e outros eventos promovidos por asociacións do municipio. Así, perséguese a dinamización cultural, a conciliación familiar e o fomento das compras no comercio local. Os encargados de explicar as características desta programación foron a concelleira de Cultura, María Outeiral; o presidente da Asociación Boirense de Empresarios (ABE), Daniel García; e as técnicas de Cultura, Elena Dosil, Manola Ferreirós e Alberto García.

Desta maneira, preparouse un amplo abano de citas culturais destinado á poboación en xeral e, especialmente, ás crianzas “pois consideramos que teñen un especial protagonismo e queremos fomentar a ilusión nestas datas tan especias”, tal e como expuxo Elena Dosil. O núcleo destas actividades desenvolverase na Carpa dos Soños, a cal estará situada na praza do Concello, sendo escenario de numerosos espectáculos e da ludoteca. Para acceder a esta última será preciso presentar un tícket de compra por importe superior a 20 euros en calquera dos establecementos boirenses e permanecerá aberta en horario de 17.00 a 19.00 horas os días 23, 24, 26, 27, 28 e 30 de decembro, así como o 2, 3 e 4 de xaneiro.

Así mesmo, realizarase un Campamento de Nadal destinado a nenas e nenos durante as vacacións, desenvolvéndose nas mañás dos días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro, así como o 2 e 3 de xaneiro, en horario a escoller polas familias: de 09.30 a 13.30 horas ou de 11.30 a 13.30 horas.

Segundo destacou Manola Ferreirós, todo isto supón “un gran esforzo económico para o noso Concello”, engadindo que “este ano creo que se lle dou un gran impulso a que o Nadal sexa unha época da nosa vida cotiá con gran protagonismo.” Entre as citas enumeradas figura o percorrido que fará o Apalpador o 26 de decembro, a partir das 17.00 horas, polas rúas do concello e, posteriormente, ofrecerá un espectáculo de narración. Deste xeito, pretenden recuperar este personaxe da tradición galega, co obxectivo de equiparalo a Papá Noel ou aos Reis Magos.

Pola súa parte, Alberto García salientou o labor de tódalas asociacións do municipio que contribúen a enriquecer estas festas, producíndose unha unión entre institucións públicas, entidades privadas e tecido asociativo. Neste senso, sinalou a Cabalgata de Reis organizada pola asociación de veciños de Escarabote, así como diversos festivais “moi exitosos.”

O presidente da ABE, Daniel García, aproveitou a ocasión para presentar o Sueldazo ABE, “unha campaña novidosa que cremos que vai ser moi interesante e atractiva para o público.” Esta iniciativa consiste nun soldo de 300 euros durante seis meses para o único gañador dun sorteo que se realizará entre tódalas rifas numeradas -un total de 90.000- que repartirán ao redor dos 40 establecementos participantes de Boiro aos clientes por cada compra de 10 euros. Tamén se entregará a carta aos Reis Magos nos locais participantes, onde os cativos escribirán as súas peticións para, a continuación, depositala na Carpa dos Soños. Deste xeito, entre tódalas cartas sortearanse dous monopatíns, un tradicional e outro eléctrico.

Finalmente, a edil María Outeiral expuxo que programación de Nadal tamén inclúe o mercado Factoría das Raíñas, situado no local multiusos do mercado municipal durante as xornadas do 28 e 29 de decembro, de 11.00 a 14.30 horas e de 17.00 a 22.00 horas. Este espazo corre a cargo de Paula Tubío, dispoñendo de nove postos de artesanía, dous de gastronomía e un de cervexa artesá. Ademais, anunciou que se realizará o sorteo dunha noite nunha casa rural entre os tíckets que cubran os visitantes do Belén.  

Outros artigos

O Concello de Boiro remata as obras para a mellora do firme en Moimenta

O Concello de Boiro vén de finalizar as obras para a mellora dun camiño no lugar de Moimenta, na parroquia de Macenda. O tenente de alcalde, Luís Ruiz, e o concelleiro, Roberto Lojo, visitaron este martes 10 de marzo o lugar para coñecer o resultado final das obras....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Relevo en Portugal”. José Castro López

“Relevo en Portugal”. José Castro López

Comparto con muchos gallegos una vieja querencia por Portugal. Nos une la geografía, la historia y también algo tan profundo como la afinidad de carácter y una manera de entender la vida. Admiro su paisaje y sus monumentos, su cultura y su gastronomía, su hospitalidad...

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

Un amigo asombrouse de que eu viaxase co IMSERSO, por terlle quedado ao sistema a sona de que os participantes son vellos e fan cousas que se supoñen son ou foron de vellos, entrelas os bailes, xogos de cartas, karaokes, e monótonas tardes vendo pasar a vida por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.