Entidades deportivas do Barbanza benefícianse de axudas por parte da Secretaría Xeral para o Deporte

09 Decembro 2019
Cedida

O delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, informou das resolucións da Secretaría Xeral para o Deporte que se destinan aos clubs deportivos do Barbanza para que poidan desenvolver as súas actividades, participar en competicións e renovar o seu material deportivo.

Neste senso, apuntou que “os clubs deportivos do Barbanza recibirán máis de 218.000 euros en axudas para o desenvolvemento das súas actividades. Trátase de achegas destinadas a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións escolares.” En total, 64 organizacións deportivas da comarca pertencentes ás máis variadas disciplinas, recibirán estas axudas.

O representante do Goberno autonómico recalcou que “o obxectivo destas achegas é a de apoiar as actividades e a participación dos clubs en ligas ou campionatos oficiais de ámbito galego, estatal ou internacional, así como tamén facilitar o material necesario para que poidan desenvolver as súas actividades.” Segundo indicou Ovidio Rodeiro, “trátase de contribuír a universalizar a práctica deportiva, que ten un papel transcendental na sociedade para a mellora da calidade de vida dos cidadáns.”

Así, o delegado territorial tamén apuntou que todas estas entidades deben conxugar o seu traballo de forma complementaria para consolidar tódolos itinerarios do deporte, desde a formación base, pasando pola competición, ata o alto rendemento deportivo. Tal e como puntualizou, “todo isto no seu conxunto cumpre unha importante tarefa na formación educativa dos mozos e mozas nas respectivas disciplinas onde desenvolven a súa actividade.”

En Ribeira, os destinatarios destas achegas son Club Atlético Riveira, Club Patinaxe Ribeira, Carreira C.F., Club Baloncesto Riveira, Club de Remo Náutico de Riveira, Club Kempo Barbanza, Club Natación Riveira, Club Náutico Deportivo de Riveira, Escuela de Boxeo El Canario, Sálvora Club de Fútbol, Santa Uxía Atletismo, Sociedade Deportiva Xuventú Aguiño e Club Deportivo Natural Sport Videlgi Riveira.

Na Pobra do Caramiñal, Asambal C.A.B., Club Patinaxe A Pobra, Club Remo Puebla, Club Tenis Punta Salera. Puebla F.C. e Club Kempo Pobra.

En Boiro, Abanqueiro, S. D., Club Ciclista Barbanza, Club de Remo Cabo de Cruz, Club Deportivo Ozono Boiro, Club Deportivo Patinaxe Boiro, Club Piragüismo Rías Baixas, Club Tenis Boiromar, Club Voleibol Cabo de Cruz, E.F.M. Concello de Boiro, S.D. Valiño-Cabo de Cruz, Sociedade Deportiva Barbantía Roda, Sociedade Deportiva e Cultural Natación de Boiro e Suh Sport Competición.

En Rianxo, Club Baloncesto Rianxo, Club Cultural Deportivo Taragoña, Club Deportivo Unión, Club Piragüismo Rianxo, Club Remo Rianxo e Club Xadrez Rianxo.

Outros artigos

Portos de Galicia inicia a concesión para 174 amarres e 470 m² en Rianxo

O investimento previsto polo club náutico é de 1,7 millóns de euros e proxéctase a súa execución en dúas fases coordinadas co plan de reordenación da dársena, que inclúe a remodelación das instalacións pesqueiras e mexilloeiras A Consellería do Mar, a través de Portos...

+

Accidente na AG-11 dirección Padrón, no concello de Rianxo

Os bombeiros do Parque Provincial de Boiro interviron na madrugada deste domingo 20 de abril nun accidente que se produciu no quilómetro 13 da AG-11 dirección Padrón, a altura do concello de Rianxo. O coche bateu contra a meridiana de formigón e posteriormente...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...