Detido un boirense como presunto autor dun roubo con forza

13 Decembro 2019

A Garda Civil do Posto Principal de Boiro procedeu á detención dun veciño da mesma localidade e con numerosos antecedentes por delitos contra a orde socioeconómica, por un roubo con forza.

Os feitos sucederon despois de que a patrulla fose alertada de que en Castro, en Boiro, se estaba producindo un roubo no interior dun establecemento de hostalería. Unha vez trasladados ata o lugar, a forza actuante foi informada de que o presunto autor dos feitos acababa de fuxir cara unha zona boscosa, polo que se iniciou unha persecución a pé, na que o sospeitoso se ía desfacendo dos obxectos subtraídos.

Finalmente, a patrulla puido deter ao individuo, que se atopaba encapuchado. Tamén se recuperaron 628 euros en metálico, 18 décimos de lotaría, unha caixa rexistradora, unha caixa metálica e bebidas alcohólicas.

Outros artigos

Amicos énchese de personaxes de cinema para celebrar o Samaín

Meigas, criaturas do máis alá e personaxes dalgunhas das películas máis coñecidas do cinema de terror déronse cita na sede boirense de Amicos para celebrar o Samaín 2026. O Centro de Atención Integral transformouse nun escenario de película, onde persoas de todas as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“500 noites” – Xulio Xiz

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.