Concello e Policía Local boirense reúnense coa xefa provincial de Tráfico

18 Decembro 2019

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o oficial da Policía Local do municipio, José Manuel Somoza, mantiveron esta mañá unha xuntanza na sede da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) coa xefa provincial de Tráfico en A Coruña, María Victoria Gómez Dobarro, abordando diversos asuntos que atinxen á seguridade viaria da localidade.

A situación actual do municipio en canto a controis de alcohol e drogas constituíu un dos principais temas a tratar. Así mesmo, o oficial da Policía Local amosoulle á xefa territorial a súa preocupación pola prevención de riscos e a aposta pola seguridade viaria. Neste senso, apuntouse á sinalización dos peóns en caso de accidente como unha eiva importante. Deste xeito, e tras a referida reunión, os vehículos policiais de Boiro están equipados con diversos chalecos reflectantes para, en caso dun accidente, facilitarllos aos peóns e incidir así na prevención de riscos.

Ademais, a entidade e o Concello conversaron sobre as liñas de colaboración que teñen abertas ata o de agora, tales coma as xornadas formativas de seguridade viaria que se imparten desde a entidade local a nenos e maiores, ao ser considerados os colectivos máis vulnerables. Tamén se dialogou acerca da posibilidade de ampliar esta colaboración abrindo novas liñas, tanto nas campañas que promove a DXT coma noutras tarefas para mellorar e incrementar a vixilancia e a prevención no municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...