Circo Chosco rende homenaxe a O Principiño este sábado en Boiro

28 Decembro 2019

Este sábado 28 de decembro temos unha cita co circo e máis co humor a partir das 19.15 horas na Carpa dos Soños instalada polo Concello de Boiro. A agrupación encargada de achegarnos á sempre interesante confluencia entre a maxia, as acrobacias e máis a retranca (a fórmula clown no seu estado puro) será Circo Chosco, que representará o espectáculo Riscando o ceo, unha proposta circense-literaria que rende homenaxe a O principiño de Antoine de Saint-Exupery e os seus personaxes a través da proximidade, a visualidade e a emoción para todos os públicos.

En palabras da agrupación, trátase “dun show de circo que chega ao corazón de todo tipo de persoas a través dun clown con capacidade para facer as cousas do revés”. O espectáculo, que ten como protagonista ao experto en acrobacias, maxia e equilibrios Óscar Páez, terá unha duración de 45 minutos. Trátase dunha obra para todos públicos.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.