Boiro Novo solicita flexibilización do pago da regularización catastral para a veciñanza

17 Decembro 2019

Na tarde do mércores 18 celebrarase o pleno da corporación municipal boirense e Boiro Novo anuncia que presentará unha moción de urxencia relativa á flexibilización do pago dos recibos do catastro que están chegando á veciñanza.

Na exposición de motivos, manifestan que o procedemento de revisión catastral está ocasionando “un importante impacto” sobre as familias do concello e, especialmente, as que residen nos núcleos rurais. Segundo a formación, trátase dun procedemento “dirixido dende Madrid, pensado para regularizar inmobles e construcións anexas a vivendas en zonas turísticas, que obvia a realidade galega incorporando ao recibo anual da contribución moitas construcións típicas do noso rural, como alpendres, hórreos, invernadoiros, galiñeiros…” Neste senso, a asemblea de Boiro Novo denuncia e oponse a esta medida.

Consideran que esta regularización, ademais do incremento que supón no recibo anual do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), carrexa outra consecuencia coma é a recepción de cartas nas que se solicita o abono do importe do atraso dos últimos catros anos do incremento do catastro. Tal e como sosteñen, estas misivas exixen, en moitos casos, o desembolso por valor de varios centos de euros en poucas semanas, estipulando como data límite para efectuar o pago o 15 de xaneiro de 2020, “coincidindo ademais nun período do ano onde as familias xa afrontan un importante gasto.”

Por todo isto, a formación Boiro Novo solicita que se prorrogue de xeito amplo a data límite para abonar os pagos de regularización catastral, así como que se implanten medidas de flexibilización de pago para que a veciñanza afectada poida afrontar o desembolso con maior facilidade.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.