Boiro dispón de contedores de aceite usado en varios puntos do municipio

30 Decembro 2019

O Concello de Boiro procedeu nas últimas semanas á instalación de contedores de aceite usado en diversos puntos do municipio para fomentar a reciclaxe destes residuos entre a veciñanza.

Tras a aprobación desta medida levada ao pleno ordinario de novembro por Boiro Novo, a Concellería de Medio Ambiente iniciou os trámites para a colocación destes colectores, os cales son de cor vermella e están situados xunto aos contedores destinados ao depósito doutro tipo de residuos. En total prevese a instalación de dezaoito puntos de recollida de aceite, contando xa con eles varias zonas do casco urbano, así como lugares de Abanqueiro, Ponte Beluso ou Escarabote, entre outros.

O aceite depositarase nos colectores en botellas de plástico para, posteriormente, efectuar a súa recollida e traslado a centros de transferencia para separar os posibles impropios e destilar para a eliminación da auga, os sedimentos e os posibles metais pesados. Os usos que se lle poden atribuír ao aceite reciclado son como biocombustible para motores diésel, abonos, ceras, vernices, cremas ou deterxentes.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.