As Brigadas Deseucaliptizadoras rematan o ano cunha nova erradicación colectiva de invasoras en Barbanza

26 Decembro 2019

Este 29 de decembro a cada vez máis nutrida comunidade de activistas ambientais de Barbanza teñen unha nova cita en Froxán (Lousame) para pór de relevo a importancia de coidar o noso bosque e reivindicar e protexer as nosas especies autóctonas. A nova convocatoria deste 29D (a Roga de San Silvestre) será unha nova quedada de erradicación comunitaria e participativa de especies invasoras, un novo capítulo de concienciación activa para converter Froxán nun referente mundial de loita contra contra a desaparición do bosque propio e de loita contra os lumes forestais (especialmente presentes cada ano en Lousame e nos montes que este concello comparte con Boiro).

Esta última xeira do ano das Brigadas Deseucaliptizadoras centrarase pois na Área Conservada pola Comunidade Local de Froxán, en Lousame, recoñecida como ICCA (Indigenous and Community Conserved Areas) polo programa das Nacións Unidas para o Ambiente. Na roga, cuxo comezo está previsto para as 9.30 horas, botarase man de machadas, motoserras e rozadoras para eliminar especies exóticas invasoras, desta volta, eucalipto, mimosa (acacia dealbata) e acacia bastarda (robinia pseudoacacia), e preparar o terreo para a súa restauración con especies de bosque nativo.

Desta volta o punto de encontro será ás 9.30 horas ao pé do antigo edificio de Compresores das Minas de San Fins. Para participar nesta acción é necesario que estamos inscritas e inscritos como brigadistas no proxecto, o que se pode facer por medio dun formulario específico habilitado, amais de indicar o compromiso expreso de acudir a esta convocatoria en brigadas@verdegaia.org. Temos até o venres 27 de decembro para formalizar a inscrición.

Despois dos traballos colectivos no monte (roga), premiarase ás brigadistas asistentes cun xantar de convivio (albaroque).

Outros artigos

Choivas e vento marcarán o luns 19 nas Rías Baixas e en Santiago

O luns 19, San Mario, entrará unha fronte fría polo noroeste que se irá desprazando cara ao leste ao longo da xornada. Esta situación deixará ceos nubrados e precipitacións, que serán máis frecuentes e intensas no terzo norte, onde poderán presentarse en forma de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

Choraba como un tolo e nunca pasaba nada. Outros rían como tolos e moitos esperaban, aga ocasión para chorar desesperadamente, como se cada un deles fose unha alma en pena saltandopolas alturas, polos cumes de Pena Trevinca, Punta Negra ou Pena Surbia. Naquelas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.