Arrinca nos institutos de Boiro unha nova edición do mentoring creativo

03 Decembro 2019

O Concello de Boiro, a través da Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX), reactivou estes días o seu programa de mentoring creativo, dirixido a subministrar asesoramento para facer voar o talento empresarial-emprendedor e a capacidade innovadora da mocidade local, ao tempo que se achegan casos de éxito da mocidade boirense. A primeira das sesións comezou este luns 2 de decembro, no IES Praia Barraña, e seguirá nos demais centros de educación secundaria do municipio.

Os alumnos de Bacharelato do IES Praia Barraña asistiron a unha charla de Alba Carreño sobre o seu labor en Mobalco, a empresa de Pobra do Caramiñal referente galego e estatal na fabricación de mobiliario de cociñas de deseño. Nesta sesión, as e os participantes introducíronse de cheo no día a día da firma pobrense e na experiencia inspiradora de Alba Carreño.

Unha gran canteira profesional e empresarial

O Concello de Boiro, impulsor deste programa de mentoring creativo, quere tirar proveito do importante tecido local de creatividade e emprendemento, con xente nova que, grazas a este proxecto, mostra as súas experiencias perante os estudantes. Persoas que crearon empresas locais como La Doce, Moai, A Fiestra, Nude Atelier, Diane Onlooker, Serarte, Baldani, Ágora Café Literario e Triwus e que expoñen cadansúas andainas innovadoras ante as alumnas e os alumnos.

O proxecto de mentoring creativo é un proxecto da Concellería de Cultura do Concello de Boiro e conta co financiamento da Dirección Xeral de Xuventude, sendo unha das actividades de República Creativa. A primeira das sesións foi onte, pero haberá outra o mércores día 4, ás 9:30 horas no IES Espiñeira, na que Sara Ollero falará do proxecto creativo DariaLuv. Para finalizar, o venres 17 de xaneiro ás 11:15 horas, a deseñadora Mónica Vigo achegará a súa experiencia no IES A Cachada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.