Aberto o prazo de inscrición no Campamento de Nadal boirense

10 Decembro 2019

A Concellería de Cultura de Boiro pon en marcha un Campamento de Nadal destinado a nenas e nenos durante as vacacións de Nadal. Así, esta actividade desenvolverase nas mañás dos días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro, así como o 2 e 3 de xaneiro, en horario a escoller polas familias: de 09.30 a 13.30 horas ou de 11.30 a 13.30 horas. Ademais, está indicado para cativos entre 3 anos, xa escolarizados, e 12 anos.

No campamento, os máis cativos divertiranse mentres aprenden a facer manualidades propias destas datas tales coma a carta a Papá Noel ou aos Reis Magos e decoración para a árbore. Tamén haberá contacontos, xogos grupais ao aire libre, actividades con música, xogos de mesa en grupo ou figuras de Nadal con plastilina, entre outros.

A inscrición é preciso formalizala a través do Rexistro Xeral do Concello, entregando a documentación que se atopa na ligazón da páxina web http://www.boiro.gal/index.php/es/89-novas/novas-de-cultura/2086-campamento-de-nadal, na portería do Consistorio ou na Casa da Cultura de Boiro. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 20 de decembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.