A XVI Exposición da Camelia Sasanqua e outras chega a Boiro con máis de trinta expositores

09 Decembro 2019

Boiro albergará esta fin de semana unha nova edición da Exposición da Camelia Sasanqua e outras. Unha mostra que xurdiu dezaseis anos atrás a raíz da proposta dos amigos dunha das organizadoras, Ana Calo, e que chega a esta convocatoria con máis de trinta expositores, podendo contemplarse ao redor dunha centena de variedades de camelia procedentes de distintos puntos da Península Ibérica. Así o deron a coñecer esta mañá o tenente de alcalde de Boiro, José Luís Ruiz; unha das promotoras desta exposición, Ana Calo; e a creadora da Camelia Boiro, Begoña Franco.

Esta cita desenvolverase no local multiusos do mercado municipal, dispoñendo tamén duns lenzos de Rosa Crespo que adornará a sala durante as dúas xornadas para, posteriormente, trasladalos á Casa da Cultura ata o 17 de xaneiro. Segundo manifestou Ana Calo, este evento diferénciase do resto en que “a raíña principal é a camelia Sasanqua.” Tamén anunciou que á mostra asistirán representantes de Celorico de Basto, en Portugal, unha vila onde a camelia é fundamental, razón pola cal lle organizan unha festa. O obxectivo desta visita radica en promocionar o referido festexo ao tempo que potencian a exposición de Boiro.

O programa de actividades desta edición arranca o sábado, a partir das 17.00 horas co acto inaugural no que participará a Escola de Música de Boiro. Así, ás 17.30 horas procederase ao chantado simbólico da camelia Molinera (Sasanqua de flor vermella, creación de Begoña Franco) no parque da Cachada, dedicándose a Javier Cortés, concelleiro de Cultura do 2003 e un dos impulsores desta cita. O acto contará coa asistencia da súa viúva e os seus fillos.

A mostra continuará na xornada do sábado ata as 20.30 horas e o domingo 15 estenderase en horario de mañá e de tarde: de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas.

Así mesmo, desenvolverase o Menú Camelia, no cal numerosos locais hostaleiros participarán con diversas ofertas culinarias; mentres que outros establecementos contarán con descontos do 10% na súa carta. Unha proposta dirixida a aqueles clientes que acrediten ter visitado a referida exposición presentando o seu tícket de entrada.

Ademais, Begoña Franco sinalou que non descarta establecer contacto co resto de concellos que conforman Arousa Norte para propoñer a organización dalgunha outra exposición que contribúa a “dar a coñecer ao gran público esta marabilla de flor que é a camelia Sasanqua, que xusto florece en outono.”

Pola súa parte, o tenente de alcalde, José Luíz Ruiz, expresou que están “encantados” con esta convocatoria e aproveitou a ocasión para agradecer o labor de Ana Calo e Begoña Franco, así como para convidar á veciñanza da contorna a asistir a este evento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La laicidad de doble rasero”. José Antonio Constenla

“La laicidad de doble rasero”. José Antonio Constenla

Una guía del Ayuntamiento de Barcelona dirigida a los centros educativossugiere no bailar ni poner música durante el Ramadán, porque “algunaspersonas musulmanas pueden considerar la música o la danza como unaactividad no idónea”. Más allá del contenido concreto de la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.