A Xunta inclúe o novo traballo de Agoraphobia entre os apoios ao talento musical galego

19 Decembro 2019

A Xunta de Galicia deu a coñecer hoxe os traballos discográficos beneficiados pola primeira convocatoria de axudas para a promoción do talento musical galego. Trátase de sete novas contribucións ao ámbito discográfico, unha das cales tócanos de preto: o disco Unaligned, da banda boirense Agoraphobia. O novo traballo desta banda de rock feminino barbanzán inclúese na modalidade B da convocatoria, coa que se impulsa o labor xa consolidado das nosas bandas e solistas: ou sexa, de aqueles e aquelas que xa se tivesen estreado o mundo fonográfico. Unaligned, ao abeiro disto, terá ao seu dispor preto de 8.800 euros.

A concesión foi realizadas por unha comisión de acordo cuns criterios preestablecidos, entre os que figuran “a traxectoria da empresa nos tres anos anteriores, a presenza feminina na produción, o emprego da lingua galega, a proposta de difusión e comercialización, a implicación doutras empresas e/ou profesionais galegos ou a calidade do proxecto”.

De Unaligned falamos recentemente en O Barbanza, dando da conta da xira que levou ás súas integrantes (Susana Saavedra, Sabela Sampedro, Paula Rego e Lucía Fernández) a terras inglés, presentando o devandito traballo musical (o segundo da súa carreira), integrado pordez cancións que marcan un antes e un despois na historia do grupo (nas súas palabras é sen dúbida o “máis grande” que teñen creado até a data) e que foron producidas, gravadas e mesturadas por Iago Lorenzo.

Outros artigos

A Audiencia da Coruña condena a un home por unha agresión en Boiro

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña condenou a un home ao pagamento dunha multa de 720 euros por cometer un delito de lesións ao agredir a outro home en Boiro. Segundo os feitos recollidos na sentenza, o acusado increpou a unha camareira á saída dun bar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...