A Tenda de Pepa e Studio Moai, gañadores dos Premios ABE á Excelencia Empresarial

09 Decembro 2019

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) deu a coñecer os gañadores dos terceiros Premios ABE á Excelencia Empresarial, que foron elixidos grazas aos votos dos membros da entidade e que serán entregados este xoves 12 de decembro no salón de actos da sede da asociación, a partir das 20.30 horas (nun acto no que tamén está previsto celebrar o Accésit ao Premio Nacional de Comercio 2019). O Premio Mellor Comercio do Ano 2019 irá dar a Supermercado Claudio – A Tenda de Pepa. Pola súa banda, o Premio á Mellor Empresa do Ano 2019 recaerá en Studio Moai. A ABE lembra que, en total, recibíronse 327 votos válidos.

Os votos dos tres primeiros de cada categoría foron os seguintes:

– Mellor Comercio: Supermercado Claudio A Tenda de Pepa (19), The Desire Shop (14) e Cetarea Angel Mar (12).

– Mellor empresa; Studio Moai (22), Ginlab (12) e Restaurante Moanin (12).

Supermercado Claudio – A Tenda de Pepa

En setembro de 1970 abría súas portas A Tenda de Pepa como lugar de abastecemento e á vez de encontro social dos seus veciños. O establecemento, segundo informou a ABE, é un exemplo de “adaptación aos novos tempos”, ampliando e actualizando as instalacións e servizos pero mantendo “esa esencia e filosofía de tenda de barrio, de lugar de encontro e de atención personalizada”. Este ano celebrouse o 15 aniversario da andaina conxunta coa cadea galega de alimentación Claudio.

Studio Moai

Studio Moai é un proxecto de Moisén Picón, arquitecto de interiores, e varios colaboradores que están en continua busca de novos retos profesionais. Segundo explica a ABE, o Studio Moai destaca polos importantes esforzos aplicados á comunicación cos clientes e, tamén, pola atención a “calquera pequeno detalle ou idea por pequena que poida parecer”. Humildade, talento, un bo equipo así como a satisfacción dos clientes son as bases da proposta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.