A Policía Local de Rianxo realizou na tarde do domingo tres actuacións no ámbito da seguridade viaria

31 Decembro 2019
Facebook da Policía Local de Rianxo

Na quenda da tarde do 29 de decembro, e durante a realización de varios controis preventivos de alcohol e drogas dentro da campaña especial que se está efectuando, a Policía Local de Rianxo interceptou ao condutor dun vehículo que non fixera un curso de reeducación e sensibilización viaria, despois de ter o permiso de conducir retirado por sentenza xudicial, razón pola cal foi denunciado administrativamente.

Tamén se instruíron dilixencias por delitos contra a seguridade viaria ao condutor dun vehículo tras saltarse un control e circular de forma temeraria. Segundo os axentes, carecía de permiso de conducir por perda total de puntos.

Ademais, tramitáronse denuncias administrativas a outro piloto que, unha vez interceptado e parado nun control, desobedeceu as ordes dos policías e continuou circulando a gran velocidade, sendo identificado polas xestións practicadas.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.