A partir do 24 a rapazada de Rianxo poderá desfrutar da Carpa do Nadal

18 Decembro 2019

A maiores de toda axenda de actividades (musicais, festeiras, escénicas, cinematográficas) do Concello de Rianxo para esta finde primeira do Nadal, da que falamos en detalle este mércores en O Barbanza, o Goberno local rianxeiro lembra á veciñanza de todas as idades que poderá desfrutar de actividades festivas na praza de Castelao, entre os días 24 e 31 de decembro, coa Carpa de Nadal que organiza o Concello, en horario de 11.30 a 13.30 horas (días 24 e 31) e de 11.30 a 13.30 e 17.00 a 20.00 (días 26, 27, 28 e 30), dando acubillo a obradoiros, música, maxia, actividades multimedia, xogos en familia ou contacontos.

O Concello de Rianxo tamén recorda que co fin de seguir achegando un algo de formación e diversión á rapazada neste tempo de festividade, a Área de Comercio organiza a partir do 23 de decembro (até o 4 de xaneiro) na Ludoteca Agarimo o programa LudoNadal Merca-Concilia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.