A Deputación da Coruña aproba dúas novas liñas do PEL para potenciar a creación de emprego para a mocidade no rural

03 Decembro 2019

As liñas PEL- Rurinnova e PEL-Relevo suman un investimento de 918.000 euros para a posta en marcha de 60 proxectos empresariais e a contratación de 80 mozos e mozas menores de 30 anos nos municipios máis pequenos da provincia entre eles A Pobra.

Os programas responden á vontade do goberno provincial de enfrontar a perda de poboación nos municipios do rural coruñés.

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe por unanimidade dúas novas liñas do Plan de Empleo Local (PEL) destinadas a potenciar a posta en marcha de proxectos empresariais e a creación de emprego para a mocidade nos concellos máis pequenos e rurais da provincia da Coruña.

As novas liñas PEL-Rurinnova e PEL-Relevo suman un investimento global de 918.000 euros, cofinanciados nun 91% polo Fondo Social Europeo (FSE), e teñen como obxectivo apoiar a inserción laboral, o autoemprego e o emprendemento entre os mozos e mozas de menos de 30 anos dos concellos coruñeses con poboación inferior aos 5.000 habitantes ou naqueles muncipios con menos de 10.000 habitantes que presenten un saldo demográfico negativo na última década.

A Deputación activa así dous novos programas do PEL orientados a enfrontar a perda de poboación do rural coruñés,  que será unha das liñas estratéxicas da acción do goberno provincial nos vindeiros anos segundo anunciou o presidente, Valentín González Formoso, ao inicio do mandato. Ambas as dúas liñas pretenden facilitar que a mocidade poda atopar oportunidades laborais ou crear a súa propia empresa sen ter que abandonar o rural.

Outros artigos

Exposición de modelismo naval no Liceo Marítimo de Ribeira

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou esta fin de semana a exposición de modelismo naval que se pode ver no Liceo Marítimo de Ribeira, unha mostra que reúne pezas únicas e de gran valor artesanal vinculadas á tradición mariñeira da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.